
- Este evento pasou.
7 vidas ten un gato: recauda 11 millóns de euros e chega aos 6 millóns ARR de Galicia
Maio 25 @ 1:30 PM - 4:00 PM
€6,05Pablo Pazos é cofundador de Barkibu , unha startup galega de sanidade animal cunha longa traxectoria.
Barkibu naceu en 2014 cun modelo totalmente actualizado. Hoxe comercializa produtos de sanidade animal, co seu seguro de mascotas como principal referente, e factura máis de 6 millóns de euros de ARR en España e Alemaña.
Pablo falaranos da historia da compañía, das súas leccións aprendidas tras conseguir 11 millóns de euros de investidores e como foi a experiencia de construír Barkibu desde Galicia.
O acto celebrarase nas oficinas de Corunet/Sngular a partir das 13.00 horas. Ás 13.30 horas comezará a charla, que durará aproximadamente unha hora entre a presentación e as preguntas e respostas. Ao final, podemos quedarnos alí a tomar unha copa e seguir conversando.
O prezo da entrada inclúe bebidas (cervexa, auga) e comida (algúns pinchos).