Damos visibilidade ás túas novidades

Damos visibilidade ás túas novidades

📢 A quen vai dirixido e con que limitacións

  • A todos os proxectos que conten con persoas socias en Startup Galicia (o 50% dos fundadores).
  • As novidades deben ser fitos importantes ou lanzamentos de relevancia para o ecosistema, non noticias puramente comerciais.
  • Xestionarase unha nota de prensa por startup e ano, para dar cabida a tódalas potenciais startups.

🔎 Cómo se realiza esta acción

Para realizar esta visibilidade, seguiremos esta metodoloxía:

  1. Cubre o seguinte formulario, engadindo a nota de prensa, compartindo os logos do proxecto (salvo que xa foran compartidos).
  2. Startup Galicia revisará a nota de prensa e engadirá unha pequena mensaxe pola colaboración, para visibilizar o aporte feito.
  3. Posteriormente, realizaremos as diversas accións de visibilidade
    1. Publicaremos a nota de prensa no blogue de Startup Galicia
    2. Publicaremos esta nota de prensa nas nosas redes sociais (LinkedIn, Twitter, Facebook, etc).
    3. Enviaremos a nota de prensa ós medios de referencia.
  4. Na medida do posible, reportaremos o resultado da acción á startup.
maria
No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.