Crise do Coronavirus e startups: precisas axuda ou queres axudar?

Un dos tres piares básicos que fixeron nacer a Startup Galicia é axudar a configurar unha contorna favorable para o emprendemento en Galicia. Este obxectivo cobra especial importancia nestes días, nos que a situación actual está afectando a moitas das nosas empresas, iniciativas e proxectos.

Por esta razón, dende Startup Galicia facemos un chamamento á unidade e colaboración para, na medidas das nosas posibilidades, axudar a mitigar o impacto desta crise no noso ecosistema emprendedor. Para tal fin, habilitamos un formulario para recoller o interese daquelas startup dispostas a botar unha man aos compañeiros e compañeiras que están a ver afectada a súa actividade. Se ti tamén queres ofrecer a túa axuda ao ecosistema, podes acceder ao formulario nesta ligazón.

Se precisas transmitir as túas inquedanzas, dúbidas e problemas que estás atopando ca túa startup podes facelo no seguinte formulario que habilitamos para escoitarvos.

A comunidade bota unha man

Nesta sección damos visibilidade ás empresas/persoas que, respondendo ao formulario, mostraron a súa decisión de axudar a outras startup no actual contexto de crise que estamos a atravesar. Un GRAZAS enorme para todas elas.


Son Noa, directora de Contidos Dixitais. Proporcionamos solucións de e-learning para empresas e co fin de axudar ao ecosistema, podemos ofrecer importantes descontos para as empresas galegas que precisenhabilitar Campus virtuais para a realización de formacións online.

Creo que a creación de contidos online pode axudar a moitas empresas a prepararse para o momento en que remate o estado de alarma. Así que, aquí estou para o que poida achegar á comunidade neste eido

Contacto: noa@contidosdixitais.com


Son Bárbara, unha das “rabbits” de NoLegaltech. Somos unha consultora legal para empresas tecnolóxicas e, co fin de axudar ao ecosistema podemos ofrecer descontos, para que ninguén se agobie cos prazos. Facemos:

  • Mentoría para quen comece un novo negocio.
  • Asesoramento legal.
  • Revisión das condicións legais das web.

Tamén representamos a startups en negociacións con proveedores ou clientes e damos clases online de Dereito básico, dentro do proxecto OFARO.

Ademais disto, gustaríame tamén axudar a aquelas persoas que estén iniciando a súa aventura, sexa startup, traballo, idea ou proxecto.

Contacto: hola @ nolegaltech.com


Son Alexandre Bastos, Socio Fundador e CEO de Ancora e Socio Fundador de CENTUM R&T.

Teño experiencia en convocatorias públicas de subvencións de I+D polo que podería aportar á comunidade axudando ás startup a entender:

  • De que xeito as subvencións de I+D poden encaixar coa súa actividade.
  • Como formar consorcios colaborativos para optar a ditas subvencións.

Contacto: @xandre_bastos (twitter)

Nota aclaratoria de Startup Galicia: Estamos preparando un encontro virtual con Xandre para que poida compartir coa comunidade a súa experiencia na solicitude de axudas á I+D e resolver dúbidas concretas das startup que participen neste encontro (anunciaremos a data e hora no noso twitter e Slack). Porén, dende aquí aclaramos que Xandre fai mil cousas, pero entre elas non se atopa a labor de consultoría para a preparación destas subvencións (para o que deberedes dirixirvos a consultoras que traballen neste eido). Fin da Nota


Son Roberto, un dos socios fundadores de Delta Studio. Deseñamos produtos dixitais, tanto para startups como para grandes empresas. Co fin de axudar ao ecosistema ofrecemos:

mentoría + deseño de interfaz/produto/UX/UI

para as persoas que esten a traballar en iniciativas para axudar a afrontar a crise sanitaria causada polo COVID-19.

Contacto: roberto@deltastudio.io


Son Victor Fariña, CEO de Queres Tecnologías, empresa tecnolóxica galega, especializada en sistemas de xestión documental (Alfresco) e en consultoría TIC no eido da saúde (eHealth). Co fin de axudar ao ecosistema ofrecemos:

unha instancia gratuíta durante 3 meses de Rocket.chat (alternativa open source a Slack ou Microsoft Temas) totalmente configurada e lista para usar.

Contacto: victor.farina@queres.es


Son Paz Cariñena, socia de DooingIT, empresa que ofrece servizos e desenvolve produtos relacionados coa ciberseguridade.
Con fin de axudar ao ecosistema, DooingIT ofrece descontos* nos seus servizos. Así, ofrece:

Análises externas de vulnerabilidades:

  • dos equipos persoais
  • das conexións

que as persoas traballadoras empregan para conectarse coa súa empresa, co fin de identificar posibles riscos de seguridade.

Contacto: paz.carinena@dooingit.com

*menos de 1€ por activo analizado.


Son Xoel Vázquez, CEO de Xoia Software. En Xoia deseñamos, desenvolvemos e mantemos solucións de realidade aumentada e virtual para Industria, Marketing e Retail, Turismo, cultura e patrimonio. Co fin de axudar ao ecosistema ofrecemos:

Asesoría gratuita para implantación de ferramentas de realidade aumentada e virtual.

Estas ferramentas poden ser aplicadas a: teletraballo, deseño e prototipado, soporte remoto, adestramento e venda a distancia

Contacto: xoel.vazquez@xoia.es