A vender a túa startup tamén se aprende!

A vender a túa startup tamén se aprende!

Aínda non viches o noso webinar “A vender a túa startup tamén se aprende!“?

Os nosos promotores Óscar de Miguel (de Diariomotor e Que Coche me Compro) e Víctor Fariña (de Queres Tecnoloxías), en compañía de Carmen Pumariño, tamén promotora de Startup Galicia,  contaron na nosa canle de youtube de forma distendida cales foron as súas experiencias nos procesos de venda das súas respectivas startups.

Dende o momento no que se decide un a vender a súa startup, ou como xurde o proceso, ata o que sentiron ao pechar o proceso, Óscar e Víctor falan da venda de Diariomotor e de Queres tecnoloxías dende un punto de vista moi persoal, compartindo aquelas claves do proceso de venda que para eles foron cruciais.

Este webinar non só foi moi instrutivo dende o punto de vista de alguén que busca unha visión xeral do que podería ser comezar un proceso de venda da súa empresa, senón que ademais, ambas experiencias foron moi diferentes, a pesar de ter moitos puntos en común.

Cando te decides a vender a túa startup, algo co que levas invertido tanto tempo e cariño, o proceso de venda conleva moitas emocións contraditorias. Cal foi o mellor momento da venta? Que foi o peor? Que lle aconsellarías a alguén que está a piques de comezar un proceso de venda da súa startup? queres saber cales foron os desafíos, retos e aprendizaxes da súa experiencia? ou quizais estades buscando unha perspectiva sobre o que pasou trala venda das súas startups?

 

Cada experiencia é diferente, pero nós estamos seguros de que este webinar aportará valor, ou polo menos folgos, a aquelas persoas que estean interesadas en comezar esa gran aventura que é vender a súa startup. E se non, polo menos coñeceredes a experiencia de dous grandes, que ademais traballan día a día para impulsar o noso ecosistema.

 

Todo isto e moito mais no webinar ao completo. Aínda non o estás a ver??

startupgal
No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.