Mapa de emprendemento: as startups galegas por Startup Galicia

Este mapa está creado por startup.gal. O seu obxectivo é servir para dar a coñecer o ecosistema de startups e empresas innovadoras que temos en Galicia, tanto para a propia sociedade galega como para o exterior. Queremos que sexa unha ferramenta útil para mostrar o potencial que temos, e que o descoñecemento non faga perder oportunidades.

Os criterios para escoller as empresas aquí mostradas foron principalmente 2:

  • Que sexan empresas coa sede principal en Galicia. Sentímolo por aquelas empresas de galegos que están no exterior, pero cremos que non é realista mostrar esas empresas neste mapa de ecosistema galego.
  • Que sexan startups, é dicir que teñan un modelo de negocio novidoso, ou que sexan empresas que usen tecnoloxías innovadoras para dar un servizo diferencial.

Non son todas, polo que invitamos a aquelas empresas que consideren que deben estar e non están que cubran o seguinte formulario. E aquelas empresas que están pero atopan algún erro nos datos que aparecen, por favor nos informen cubrindo o mesmo formulario.