Hack a Bos – Aprende a programar

Dende Startup Galicia buscamos dar visibilidade ás iniciativas que nacen no seo do ecosistema e que constribúen a que este siga medrando. Con este obxectivo, nesta nova entrada do blogue damos a coñecer “Hack a Bos”, escola galega de programación que persegue achegar á programación a persoas de moi diversos perfís, tanto tecnolóxicos como non tecnolóxicos.

Que é?

Hack a BOS é unha startup de nova creación e a primeira escola galega especializada en programación. Esta escola busca formar profesionais adaptados ás tecnoloxías e ás metodoloxías máis empregadas actualmente.

Para quen?

Non é preciso ter ningún tipo de coñecemento sobre programación para poder formar parte de Hack a BOS polo que os perfiles que poden estar interesados nesta formación son amplos:

  • Persoas emprendedoras do sector tecnóloxico na búsqueda do seu MVP (producto mínimo viable).
  • Persoas que xa programen pero que se queren reciclar en canto a tecnoloxías.
  • Persoas na procura dunha nova oportunidade laboral que proveña doutro posto profesional ou que se atope en búsqueda de emprego.
  • Persoas inquedas e curiosas ás que lles gusta estar aprendendo continuamente e queren seguir ampliando o seu coñecemento.

Como funciona esta escola?

A formación que se imparte ás persoas que forman parte de Hack a Bos é de tipo presencial, en Coruña, podendo elixir o alumnado entre a modalidade a tempo completo (curso de programación full stack a tempo completo con 10 semanas de duración, luns a venres, de 9 a 18h ) o a tempo parcial (curso de programación full stack a tempo parcial con 16 semanas de duración, luns a venres, de 18:30 a 21:30h e os sábados de 10 a 18h).

Que tecnoloxias se impartirán?

O programa formativo que se imparte en Hack a Bos abrangue tanto deseño front-end como arquitectura back-end, baseándose en JavaScript e con tecnoloxías punteiras como Node.JS, Angular, React, PostgreSQL, GraphQL entre outras.

Esta formación compleméntase coa formación noutras habilidades e capacidades non técnicas (as chamadas “softskills”). Deste xeito conséguese que, ao remate de Hack a Bos, os programadores e as programadoras junior non só sexan capaces de xerar código con rigor senón que conten tamén con capacidades comunicativas, de traballo colaborativo e de traballo en autonomía para incorporarse con éxito ao mercado laboral.

Que metodoloxía se emprega no formación de Hack a Bos?

Os cursos de programación de Hack a BOS están orientados sempre a proxectos, podendo ser estes realizados de xeito individual ou en equipo. Durante a formación, os proxectos realizados son publicados en GitHub para que as empresas poidan ver os seus progresos

Ao remate de Hack a Bos os proxectos realizados polo alumnado son presentados a outras empresas e startups nun Demo Day que marca o remate da formación.

Máis información sobre a iniciativa aquí: https://hack-a-bos.com/

Máis información sobre a formación aquí: https://hack-a-bos.com/cursos-programacion/