Xestión de servizos de tecnoloxías da información co novo GLPI 9.5. TIC.gal

Cargando eventos

« Todos os eventos

Xestión de servizos de tecnoloxías da información co novo GLPI 9.5. TIC.gal

Outubro 23 @ 10:00 AM - 10:45 AM

Porque xestionar o ciclo de vida dos activos é crítico para a túa organización. Ademais integrar a xestión dos activos, coas peticións derivadas das mesmas: solicitudes, incidencias, problemas ou cambios, permite organizar os fluxos de traballo e as persoas optimizando o seu rendemento.

PROGRAMA:

  • Visión xeral de GLPI. En que pode axudar á túa empresa.
  • Xestión de servizos de tecnoloxías da información con GLPI.
  • Inventario informático e (CAU) Centro de Atención a Usuarios cunha óptica ITIL.
  • Novidades en GLPI 9.5:
    • Dashboard integrado.
    • Diagrama de impactos.
    • Xestión de proxectos con Kanban.
    • Marketplace.
    • Nuevo planning.
    • Outras novidades.

IMPARTE:

TIC.gal
Empresa especializada en software de xestión de servizos TI (ITSM) con orientación ITIL: inventario de equipamento informático e soporte técnico (service desk).
Outros servizos: seguimento e inventarios de calquera tipo de activo.

VTA: Arboricultura. Inventario de árbores e realización de EVA (VTA).

Agasol (Asociación de empresas GAlegas de SOftware Libre)
Iniciativa de empresas galegas de software libre que se agrupan nunha asociación para intentar acadar maiores oportunidades de negocio, exercer como interlocutoras dun sector en fase expansiva en Galicia e, ao tempo, promover un modelo de sociedade do coñecemento no que resulta clave a liberdade para mellorar os programas informáticos e facer públicos e accesibles eses progresos.

Detalles

Data:
Outubro 23
Hora:
10:00 AM - 10:45 AM
Páxina web:
https://cdtic.xunta.gal/glpi-2020

Protagonista

CDTIC
Páxina web:
https://cdtic.xunta.gal/

Recinto

Evento Virtual