Default title

Cargando eventos

« Todos eventos

  • Este evento pasou.

VI CONGRESO TADEGA. CORUÑA 2019

22/11/2019 - 23/11/2019

A Coruña acolle a sexta edición do congreso que organiza a asociación TADEGA: un foro de profesionais maioritariamente galeg*s de distintos campos vinculados á educación e, dun xeito especial, á atención á diversidade, en aspectos como a diversidade funcional (discapacidade), a multiculturalidade, o mundo do maior, o do rural, o ámbito das altas capacidades ou a marxinalidade social.

O congreso articúlase en torno a dezaseis obradoiros que se desenvolven de maneira simultánea e nos que as persoas participantes traballarán en función dos seus intereses, que serán comunicados á organización uns días antes do evento.

Tedes máis información ao respecto na web de TADEGA, á que podedes acceder xa desde aquí. Nela atoparedes tamén o formulario de inscrición (tédelo tamén neste enlace), que ofrece descontos ata o 30 de outubro.

Detalles

Comezo:
22/11/2019
Remate:
23/11/2019
Páxina web:
https://tadega.net/xuntanzas/previo-vi-congreso-tadega-2019

Protagonista

Tadega
Páxina web:
https://tadega.net

Recinto

Facultade de Educación da UDC
Campus de Elviña
A Coruña, A Coruña 15071 España
+ Google Map