Título predeterminado

Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Universos transmedia: charla sobre posibilidades e tendencias no audiovisual

diciembre 17 @ 7:00 PM - 8:30 PM

Gratuito
O #LAIC inaugura a súa nova tempada con esta actividade, dirixida a afondar nas posibilidades e tendencias das narrativas transmedia no sector audiovisual.

Trátase dunha charla de Roger Casas-Alatriste, fundador da produtora especializada El Cañonazo, con quen nos achegaremos a exemplos das novas formas de storytelling propagadas a través de todo tipo de plataformas e medios, dándolle unha dimensión nova ao que coñecemos como «narrativa».

A actividade terá lugar no Centro Ágora e as prazas son limitadas.

Podédesvos incribir a través deste formulario, no que tamén atoparedes a posibilidade de apuntarvos na sesión práctica que Roger Casas-Alatriste impartirá ao día seguinte.

Ademais, nesta primeira sesión poderedes coñecer o programa completo da nova tempada do Laboratorio Audiovisual de Innovación e Creación 😉

Detalles

Fecha:
diciembre 17
Hora:
7:00 PM - 8:30 PM
Precio:
Gratuito
Página Web:
https://corunadixital.gal/evento/universos-transmedia-charla-sobre-as-posibilidades-e-tendencias-no-audiovisual/

Organizador

LAIC
Página Web:
http://corunadixital.gal/iniciativa/laic/

Lugar

Centro Ágora
Lugar da Gramela, 17, 15010
A Coruña, es
+ Google Map