Default title

Cargando eventos

« Todos eventos

  • Este evento pasou.

Unha web non é só un deseño bonito. As claves dunha páxina profesional e rendible

Marzo 11 @ 8:00 PM - 9:00 PM

De balde

Xa tes unha páxina web online. Está deseñada e quedou preciosa. Ademais está optimizada, carga rápido e no móbil parece un cohete. Séntaste e agardas a que os usuarios cheguen a desfrutar da túa creación.

Pero non chegan. Ninguén te visita e o Google Analytics non mostra ningunha tendencia positiva. E os que chegan, non mercan os teus produtos ou servizos.

Se o que ti lles ofreces é unha solución que vai impactar no seu día a día, o beneficio é obvio e até estás facendo unha rebaixa. Es o máis barato do mercado!

Unha páxina non é só un deseño bonito. As claves dunha web profesional e rendible.

Por que non consegues visitas para a túa web? Que estratexias podes seguir para obtelas? SEO ou SEM? E cando as tes, como as convertes en clientes? Sabes o que é o copywriting? E o email marketing? E un lead magnet? E unha landing page? Contas beneficios ou características técnicas do teu produto?

Estas e outras cuestións a respecto rendabilidade da túa páxina web serán o tema principal do seminario.

Cando e onde?

Con que programa?

  • 20:00 – 20:40 exposición do seminario.
  • 20:40 – 21:00 preguntas, coloquio e networking.

Entrada libre a toda persoa interesada.

Agradécese inscrición por cuestións de organización (hai que poñer cadeiras ;D).

Detalles

Data:
Marzo 11
Hora:
8:00 PM - 9:00 PM
Custe:
De balde
Páxina web:
https://www.escolawp.pro/claves-paxina-profesional-rendible/

Protagonista

EscolaWP
Páxina web:
https://www.escolawp.pro/

Recinto

Vivero de empresas Accede Papagaio
Rúa Hospital, 19, 15002
A Coruña, es
+ Google Map