Título predeterminado

Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Trucos para mellorar o teu workflow!

noviembre 8 @ 7:30 PM - 9:30 PM

Desta volta imos cun meetup moi diferente, facendo equipo ca xente de SysAdmin Galicia, falaremos de como traballamos e de como podemos mellorar. En lugar de un poñente, teremos varios deles aportando a sua visión, os seus pequenos trucos en charlas cortas de 5 a 10 minutos (máximo) de duración.

E se te animas, deixa un comentario e propón a túa!

Os que xa están confirmados:
– “Trucos con IntelliJ Idea (ou Android Studio)” por Saul Molinero, organizador do grupo Android Vigo.
– “Utilidades esenciales con Python” por Alex Hermida, organizador de Python Vigo.
– “Organizando el trabajo con los taberlos de GitHub/GitLab” por Lucía Pérez, Software Engineer en Optare Solutions.
– “O poder da consola con TMUX” por Eloy Coto, impulsor da A Industriosa, VigoLabs e outras iniciativas na VigoTech.
– “Cifrado de datos co plasma-vault de KDE” por Isaac Salgueiro, Software Engineer en Optare Solutions.
– “Linux sen adornos: i3wm” por Antón Rodríguez, co-organizador do VigoJUG.
– “Tribulaciones de un maquero” por José Corral, organizador de Agile Vigo. Título elixido por Antón.
– “Bash(ta) ya de teclear” por Eduardo Díaz (organizador de SysAdminGalicia). Título elixido por Antón Rodríguez.

O meetup farase na Industriosa as 19:30 o Xoves 8 de Novembro. O rexistro faise a través da páxina do Meetup. A duración estimada será de 60 minutos, ademais das preguntas e o Kahoot no que nos xogaremos algo 😉

O rematar, e como marca a tradición, iremos tomar uns refrescos o bar do lado para charlar un rato, relaxarnos un pouco e coñecernos mellor.

¡No sexas tímida/o, anímate e ven a pasar un bo rato con nos!

Detalles

Fecha:
noviembre 8
Hora:
7:30 PM - 9:30 PM
Página Web:
https://www.meetup.com/VigoJUG/events/255662689/

Organizador

VigoJUG

Lugar

A Industriosa
c/ Barcelona 13
Vigo, es
+ Google Map