Default title

Cargando eventos

« Todos eventos

  • Este evento pasou.

O teu primeiro WordPress · Instalación, administración e configuracións.

Marzo 25 @ 8:00 PM - 9:00 PM

De balde

Ante a crise sanitaria que estamos a pasar cómpre máis que nunca extremar as precaucións e os coidados. Por iso, nun exercicio de responsabilidade, todas as persoas que podamos facelo, debemos ficar na casa o maior tempo posible.

Pero iso non significa que o mundo deixe de moverse, e internet é un medio magnífico para seguir en contacto co mundo e superar o aillamento físico.

Nas últimas dúas semanas de febreiro e nas dúas primeiras de marzo, desde EscolaWP levamos adiante unha serie de seminarios presenciais na Coruña para achegar o mundo WordPress e Web a quen quixo achegarse a el.

Para non perder o contacto e o costume, repetindo o mércores como día referente para a nosa Escola, organizamos un taller online en directo por medio de YouTube Live onde nos achegaremos de xeito práctico a WordPress.

  1. O panel de administración dun WordPress recén instalado.
  2. As configuracións que debes facer si ou si.
  3. Instalando o tema e os plugins básicos.
  4. Creación de entradas e do blog.
  5. Creación e deseño de páxinas.
  6. Últimos axustes antes da publicación.

Poderás entrar a partir das 20h do vindeiro día 25 de marzo desde a seguinte ligazón: https://i.gal/taller25

Detalles

Data:
Marzo 25
Hora:
8:00 PM - 9:00 PM
Custe:
De balde
Páxina web:
https://www.escolawp.pro/talleronline/taller-online-do-25/

Protagonista

EscolaWP
Páxina web:
https://www.escolawp.pro/

Recinto

Evento Virtual