Tecnoloxía, Cambio climático e Economía Circular, con Miguel Varela -Teimas

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Tecnoloxía, Cambio climático e Economía Circular, con Miguel Varela -Teimas

Abril 28 @ 6:00 PM - 7:00 PM

De balde

Webinar que abre a serie “As tecnoloxías que necesitaremos para sair adiante”

Miguel Varela, co-fundador e CEO de Teimas, tecnolóxica especializada en software na nube para o sector da economía circular, xestión de recursos e residuos e sustentabilidade. Cunha traxectoria de máis de 10 anos, Teimas é a responsable de produtos ampliamente utilizados no sector como Teixo, software empresarial para xestores e transportistas de residuos; Tropa Verde, plataforma que aplica técnicas de gaming para premiar á cidadanía recicladora; e ZERØ, ferramenta estratéxica para desenvolver políticas de economía circular e residuo cero en grandes corporacións.

Partindo da súa experiencia profesional como socio-fundador de Teimas, abordará as correntes globais en relación á xestión de recursos e Economía Circular, o Pacto Verde europeo ou os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable da ONU.

A charla arranca o 28 de abril as 18:00 a partir dun enlace de Google Meet que vos faremos chegar 🙂

As entradas son de balde.

Protagonistas

Startup.gal
Teimas Desenvolvemento

Recinto

Evento Virtual