Rocket.Chat A última solución de Software Libre para xestión da comunicación corporativa. Queres Tecnologías

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Rocket.Chat A última solución de Software Libre para xestión da comunicación corporativa. Queres Tecnologías

Outubro 7 @ 4:30 PM - 6:30 PM

De balde

Coa situación de espallamento do cadro do persoal por mor da crise sanitaria do COVID-19 é necesario coñecer as mellores solucións para manter unha correcta comunicación na distancia entre equipos de traballo.

Rocket.chat é gratuíto, ilimitado e de código aberto. Substitúe o correo electrónico, HipChat & Slack coa última solución de software de chat en equipo.

Porque todo pasa moi rápido e hai que adaptarse. Para que isto suceda é indispensable coñecer as ferramentas dispoñibles mellor que a competencia.

PROGRAMA:

  • Que é Rocket.Chat?
  • Funcionalidades destacadas
  • Requerimentos

IMPARTE:

Queres Tecnologías
Compañía que leva acompañando no proceso de transformación dixital a empresas como Estrela Galicia, Gadisa ou Rede Eléctrica de España desde hai máis de 10 anos e a organizacións públicas como o Sergas ou a Amtega.
Agasol (Asociación de empresas Galegas de Software Libre)
Iniciativa de empresas galegas de software libre que se agrupan nunha asociación para intentar acadar maiores oportunidades de negocio, exercer como interlocutoras dun sector en fase expansiva en Galicia e, ao tempo, promover un modelo de sociedade do coñecemento no que resulta clave a liberdade para mellorar os programas informáticos e facer públicos e accesibles eses progresos.

Detalles

Data:
Outubro 7
Hora:
4:30 PM - 6:30 PM
Custe:
De balde
Páxina web:
https://cdtic.xunta.gal/rocket-chat-2020

Protagonistas

CDTIC
Agasol

Recinto

Evento Virtual