Título predeterminado

Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Que fan os arqueólogos coas novas tecnoloxías? Cara a Arqueoloxía 4.0

abril 5 @ 7:00 PM - 8:30 PM

Cando a xente imaxina aos arqueólogos, quizais pense que só traballan con pinceis, con ruínas, buscando tesouros ou cun látego… Pero é unha profesión con fondas raíces en todo tipo de técnicas que axudan a interrogar aos restos arqueolóxicos e extraer novos datos e conclusións. Un traballo xunto con outras disciplinas e ciencias que os complementan e capacitan dos xeitos máis diversos.

Nesta charla, Patricia Mañana-Borrazás, Alejandro Güimil Fariña e Pastor Fábrega-Álvarez , especialistas na aplicación de tecnoloxías xeoespaciais e na virtualización do Patrimonio, amosarannos o emprego das novas tecnoloxías aplicadas a todas as fases propias do traballo da arqueoloxía, dende a identificación e rexistro dos restos arqueolóxicos, a busca de respostas ás preguntas que formulamos, ata a súa difusión e explicación dos traballos e resultados entre todo tipo de públicos.

Os SIX, Modelos 3D, Escáneres 3D, Impresora 3D, Drones, TIX, Fotogrametría, Reconstrución Virtual, Realidade Aumentada, Realidade Virtual… son termos que definen as distintas caras do seu traballo.

Pero todas estas metodoloxías e formas de traballar, tamén son útiles en outros campos de traballo, como na Arquitectura, na Planificación Territorial, no Turismo, na formación de cidadáns responsables, na obra civil, na conservación do Patrimonio…

Detalles

Fecha:
abril 5
Hora:
7:00 PM - 8:30 PM
Página Web:
https://www.meetup.com/AIndustriosa/events/260176444/

Organizador

A Industriosa

Lugar

A Industriosa
c/ Barcelona 13
Vigo, es
+ Google Map