Título predeterminado

Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

QGIS – CONFERENCIA INTERNACIONAL DE USUARIOS E DESENVOLVEDORES

marzo 4 - marzo 10

A cidade da Coruña acollerá, entre o 4 e o 10 de marzo, a Conferencia Internacional de Usuarios e Desenvolvedores de QGIS, o evento referencial para todas aquelas persoas que traballan neste sistema de información xeográfica de código aberto. Desde o luns 21 de xaneiro, ábrese a través do web oficial 2019.qgis.es o prazo de inscrición para participar no encontro, organizado pola Asociación QGIS España e que conta co apoio da Concellería de Participación e Innovación Democrática, ademais da comunidade Xeoinquedos e da asociación Bricolabs, entidade que desenvolve habitualmente a súa actividade na Sala Maker da Domus.

O SIX é un conxunto de ferramentas que permiten a organización e análises de datos vinculados a unha referencia espacial na que se relacionan aspectos sociais, culturais, económicos e ambientais, que facilitan unha toma de decisións máis eficaz. A cita, que pretende recompilar experiencias e compartir coñecementos sobre QGIX, estruturarase a través de talleres, unha conferencia de persoas usuarias da plataforma –estas dúas primeiras iniciativas terán lugar na Escola de Enxeñería de Camiños– e un encontro para desenvolvedores que se celebrará na sala maker da Domus.

Para máis información sobre as charlas, persoas relatoras, obradoiros e actividades que se desenvolveránd durante o evento, pódese vivistar o web 2019.qgis.es

Detalles

Comienza:
marzo 4
Finaliza:
marzo 10
Página Web:
http://2019.qgis.es

Lugar

Escuela Técnica Superiro de Ingeniería de Caminos, Canales y Puertos
Campus de Elviña
A Coruña, A Coruña 15701 España
+ Google Map