Default title

Cargando eventos

« Todos eventos

  • Este evento pasou.

Obradoiro “Reactividad: cómo y porqué”

Marzo 3 @ 6:30 PM - 8:30 PM

De balde

Últimamente non paramos pero desta volta, cunha novidade: ¡un obradoiro!. Pablo González, Senior Backend Engineer en MásMóvil, virá a facer un obradoiro que xa fixo na sua empresa para evanxelizar no uso de programación Reactiva. Pablo ten moitísima experiencia nestas lides, ¡o obradoiro promete!

A descripción da sua man:

“En pleno 2020 no es necesario aclarar porqué necesitas que tu código, para ser escalable, sea reactivo. O quizá sí? Explicaremos muy brevemente porqué, y en qué se basa, y un poco más en detalle cómo construir un código reactivo (usaremos RxJava2), y ya directamente empezaremos a hacer ejercicios, tras los cuales tendrás la preparación para utilizar la reactividad en tu trabajo diario de forma autónoma.”

Tamén podedes botarlle un ollo o código aquí: https://github.com/dovaleac/rxjavatutorial

Para asistir tes que traer o teu equipo, unha regleta, o teu IDE favorito e ter un coñecementos medios de Java. A duración estimada será de duas horas.

O meetup farase no Centro Ágora, aula 9 (graciñas a CoruñaDixital pola colaboración) as 18:30 o martes 3 de Marzo. O rexistro faise a través da páxina do Meetup, as prazas son limitadas.

O rematar, e como marca a tradición, iremos tomar uns refrescos patrocinados por Corunet (graciñas!!) no bar do lado para charlar un rato, relaxarnos un pouco e coñecernos.

Detalles

Data:
Marzo 3
Hora:
6:30 PM - 8:30 PM
Custe:
De balde
Páxina web:
https://www.meetup.com/es-ES/CorunaJUG/events/268820776/

Protagonista

CoruñaJUG

Recinto

Centro Ágora
Av. Gramela, 17
A Coruña, es
+ Google Map