Título predeterminado

Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

Obradoiro introdución a GIT

mayo 29 @ 6:30 PM - 9:00 PM

Git é un sistema de control de versións distribuído. Creado polo equipo do kernel de Linux para poder usar dunha maneira mais eficiente os cambios no kernel. Actualmente é un dos sistemas de control de versións mais usados no mundo.

Este obradoiro será de iniciación; como usar un control de versións, e como empezar a usalo para os teus proxectos persoais ou no teu traballo diario. Para este obradoiro non é necesario que a xente teña coñecementos de programación, pero si que é necesario que se coñeza o mínimo sobre a consola de comandos.

O temario do obradoiro será o seguinte:

• Que é git

• Como crear un repo

• Commits e branchs

• Configuración con remotes.

• Creación de Pull Request en Github.

Para facer este obradoiro é necesario ter configurado o seguinte:

• Un ordenador con Mac/Linux/Windows.

• Un terminal onde poder executar os comando de git

• Un editor de textos instalado (Atom, vim, sublime-text, notepad)

• Unha conta no servicio online Github.

• Configuradas as craves ssh en Github. (https://help.github.com/articles/connecting-to-github-with-ssh/)

O instrutor será Eloy Coto, que ten varios anos de experiencia con Git.

IMPORTANTE:
– Precio socios da Industriosa – GRATIS
– Precio non socios – 7€ – Pago: https://www.paypal.com/cgi-bin/webscr?cmd=_s-xclick&hosted_button_id=FEB37VKFG5G9S

Como hai prazas limitadas, os non socios da Industriosa terán que facer o pago do Obradoiro nas 24h seguintes á inscrición, se non se recibe o pago liberarase a praza.

Detalles

Fecha:
mayo 29
Hora:
6:30 PM - 9:00 PM
Pagina Web:
https://www.meetup.com/AIndustriosa/events/250610366/

Organizador

A Industriosa

Lugar

A Industriosa
c/ Barcelona 13
Vigo, es
+ Google Map