Título predeterminado

Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Obradoiro de mClon, un robot open software hardware compatible con mBlock

enero 26 @ 10:00 AM - 2:00 PM

mClon é un robot baseado en Arduino que se pode programar co software de mBlock coma se se tratase dun mBot, ou tamén directamente co IDE de Arduíno se o preferides. Tendes toda a información na web do proxecto https://tecnoloxia.org/mclon/ e en twitter: @mClonRobot

Neste obradoiro construiremos e programaremos a versión beta de mClon, na súa configuración básica, que inclúe segue-liñas, sensor ultrasónico e zumbador. A maiores, máis adiante, poderedes engadirlle máis accesorios e funcionalidades.

Por cada inscrición e robot é posible traer un acompañante. Cando confirmedes o pago mediante mail (instruccións ó incribirse), indicade se traedes ou non acompañante.

PREZO:

Hai dúas opcións:

a) Adquirir unicamente os compoñentes e imprimir un mesmo as pezas: 24€

b) Adquirir todo, os compoñentes e as pezas impresas: 30€

IMPORTANTE: O pago debe ser efectuado nas 48 horas posteriores á inscrición para que esta sexa válida, en caso contrario a praza será liberada.
As intrucción de pago recibiránse no momento de inscribirse ó evento na plataforma meetup.

Requisitos:

É necesario traer un ordenador co IDE de Arduino instalado e o mBlock3, baseado en Scratch 2.0.

Traer tamén un desaparafusador phillips e uns alicates de suxeición pequenos.

Detalles

Fecha:
enero 26
Hora:
10:00 AM - 2:00 PM
Página Web:
https://www.meetup.com/AIndustriosa/events/257928106/

Organizador

A Industriosa

Lugar

A Industriosa
c/ Barcelona 13
Vigo, es
+ Google Map