Default title

Cargando eventos

« Todos eventos

  • Este evento pasou.

Obradoiro: Como crear a túa primeira web con WordPress

Febreiro 28 @ 7:30 PM - 9:00 PM

Para febreiro traemos algo especial que levabamos tempo con ganas de facer, por fin un obradoiro!!

O que marca a diferencia entre un proxecto que avanza e outro que non, é a capacidade que teñamos de pasar á acción. O que queremos propoñerte desta volta, é que pases á acción!

Tráete o teu portátil e lévate desta meetup a túa web en marcha. Así de simple.

Guiaranos neste camiño Lhosca Arias, desenvolvedor web con máis de 20 anos de experiencia no sector e co-organizador desta meetup.

Para quen é esta meetup obradoiro?

Isto SI é para ti se…
• Non tes clara a diferencia de valor entre ter unha páxina de facebook e ter unha web propia. Queres medrar, pero fáltanche os argumentos para iniciar o camiño de ter o teu propio sitio.
• Estás pensando en poñer en marcha a túa web, pero non sabes por onde empezar. Precisas identificar obxectivos por etapas.
• Acabas de poñer en marcha a túa web, pero aínda tes unha chea de dúbidas. Necesitas respostas.
• Levas un ano ou dous coa túa web e precisas orientación para aumentar as ventas con ela. Precisas saber algo sobre estratexias de marketing.

Por outra banda isto NON é para ti se…
• Estás a gusto coa túa páxina de facebook. Pasar a outro nivel non é obrigatorio. Medrar, ou non facelo, tamén é unha opción.
• Buscas éxito inmediato dun día para outro con solucións milagrosas.
• Non queres adicarte a cuestións técnicas de ningún tipo.
• A venta online é algo que che queda moi lonxe. Non o ves para o teu caso.

Que faremos nesta xornada?
Pois daremos resposta a unha chea de preguntas:

1) Unha exposición inicial para ter claros os conceptos chave.
• Por que o meu negocio debe ter unha web?
• Qué web necesito?
• Canto costa ter unha web propia?

2) Unha parte práctica, que será o groso da meetup.
• Como crear a miña primeira web con WordPress?

+ Veremos onde e como podemos contratar un dominio.
+ Tamén saberemos como dispor e onde dun servizo de hosting para o noso proxecto. Se o tes claro, contratarémolo “in situ”.
+ Realizaremos varias modalidades de instalación de WordPress, unha automática e outra manual.
+ Veremos con varios exemplos, como dispor dunha plantilla gráfica axeitada á web do noso negocio.
+ Instalaremos os plugins básicos que necesitaremos na nosa web.
+ Incorporaremos o logotipo da nosa empresa á web que acabamos de crear.
+ Definiremos unha estrutura da información “tipo”, creando páxinas, colocando algúns bloques en portada e creando os menús necesarios.
+ Veremos que é un widget e como podo usalo en WordPress.
+ Incorporaremos contido na estructura que acabamos de definir.
+ Publicaremos o noso sitio feito con WordPress no World Wide Web.

3) Finalmente e para rematar, daremos as indicacións para que poidas ir máis alá coa túa web.
• Como xero tráfico cara a miña web e como converto esas visitas en ventas? …ou dito doutro xeito:
• Cales son as principais estratexias de marketing a seguir e onde poderei documentarme sobre elas?

Xa che adiantamos que vai ser unha xornada intensa, pero altamente proveitosa para ti. En poucas ocasións vas atopar tanta información de valor, tan concentrada.

Vente para comezar gañando desde xa!
Ao final do obradoiro, teremos networking tomando algo na cafetería do CEI NODUS.

Detalles

Data:
Febreiro 28
Hora:
7:30 PM - 9:00 PM
Páxina web:
https://www.meetup.com/WordPressLugo/events/268753171/

Protagonista

WordPress Lugo

Recinto

Cei Nodus Concello de Lugo
Av. de A Coruña, 500
Lugo, es
+ Google Map