Segundo webinar dentro do ciclo As tecnoloxías que necesitaremos para sair adiante de Startup Galicia.
Noa Orizales leva dende o 2006 dirixindo Contidos Dixitais, empresa a través da que proporciona solucións de e-learning para empresas que queren formar online aos seus empregados ou clientes, pero despreocupándose dos problemas técnicos asociados a este tipo de formacións.
No persoal, desfruta de vivir no rural, a carón do seu marido e das súas cadeliñas, tratando de ter un impacto positivo na súa comunidade; así que de seguro a atoparedes liada en varias iniciativas de desenvolvemento local como Ortigueira Runners ou Etiquefas.com
Noa falaranos sobre formación online e as súas claves para im`plementala na empresa.
Índice:
– Campus libres/privados: que son e para que me serven?
– Que ter en conta para facer e-learning? Planificación, definición, implementación, execución, peche.
– Canto custa?
– Erros a evitar.
– Exemplos do que están a facer outras empresas.
Hai que coller entrada (de balde) en https://www.eventbrite.es/e/entradas-o-que-debes-saber-para-lanzar-a-formacion-online-na-tua-empresa-103628303044