Default title

Cargando eventos

« Todos eventos

  • Este evento pasou.

Introdución a sistemas de deseño

22/11/2019 @ 7:30 PM - 9:00 PM

Chega Novembro e continuamos coas quedadas deste Outono! O próximo venres 22 teremos connosco a Óscar Otero https://oscarotero.com/gl/

Óscar é un deseñador dixital que leva traballando na web 20 anos, durante os cales participou en proxectos pequenos e grandes, creou libros de estilo, foi membro de grupos de traballo da linguaxe PHP, e recibiu premios de deseño, por nomear algunhas das cousas que fixo.

Estará connosco para falar de sistemas de deseño. Se che interesa coñecer que é un sistemas de deseño, como axuda a engraxar as diferentes tarefas que hai que levar a cabo para crear unha web (deseñar, programar, crear mensaxes, etc), como facilita a creación de elementos reaproveitables dun proxecto a outro, ou simplemente escoitar como deseñar rápido e ben, non te podes perder esta charla!

Temos prazas limitadas, así que recorda confirmar asistencia no evento.

Detalles

Data:
22/11/2019
Hora:
7:30 PM - 9:00 PM
Páxina web:
https://www.meetup.com/WordPressLugo/events/266177226/

Protagonista

WordPress Lugo

Recinto

Cei Nodus Concello de Lugo
Av. de A Coruña, 500
Lugo, es
+ Google Map