Título predeterminado

Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

Integración continua de cero a cen con Jenkins Pipelines

junio 28 @ 7:30 PM - 9:30 PM

Fechamos a tempada cun Meetup moi especial cun dos habituais no panorama tecnolóxico vigues: Eloy Coto (@eloycoto) é contribuidor de varios proxectos opensource (Cilium, Kamailio) e virá a falarnos do que está a facer con Jenkins, o aplicativo de Integración Continua máis popular e que fai un uso extensivo de Java e Groovy e de como configuralo e usalo para que os workflows de Continuous Integration sexan mais eficientes.

Esta charla será unha boa oportunidade para introducirse a Integración Continua e Jenkins. En especial, cas novas versións que inclúen as Pipelines. Se non estás facendo Integración Continua ou aínda estás creando jobs a man en Jenkins.. non te podes perder estar charla.

A presentación da charla da man de Eloy:

Jenkins é outra ferramenta para facer Continuous Integration. O obxectivo da charla é explicar como escribir mellores Pipelines, como ter versionado a configuración de workflows e como xestionar o día a día neste servizo:

A charla consistira en:

– Que é a Continuous Integration
– Que é Jenkins e para que sirve
– Pipelines e Declarative Pipelines.
– JobDSL
– Reporting
– Scaling
– Must Plugins

A charla irá dende a iniciación a Jenkins ata o escalado de servidores para grandes equipos.

O meetup farase no Kaleido Coworking () as 19:30 o xoves 28 de Xuño. O rexistro faise a través da páxina do Meetup. A duración estimada será de 60 minutos, ademais das preguntas e o Kahoot no que nos xogaremos algo 😉

O rematar, e como marca a tradición, iremos tomar uns refrescos o bar do lado para charlar un rato, relaxarnos un pouco e coñecernos mellor.

¡No sexas tímida/o, anímate e ven a pasar un bo rato con nos!

Detalles

Fecha:
junio 28
Hora:
7:30 PM - 9:30 PM
Pagina Web:
https://www.meetup.com/VigoJUG/events/251637201/

Organizador

VigoJUG

Lugar

Kaleido Coworking
García Barbón 27 Interior bajo
Vigo, es
+ Google Map