Default title

Cargando eventos

« Todos eventos

  • Este evento pasou.

Encontro “Deseño, ciencia e tecnoloxía”. Ciclo “A era pos-COVID: redeseñar o mundo”

Xullo 23 @ 10:30 AM - 12:00 PM

De balde

O ciclo “A era pos-COVID: redeseñar o mundo” do Programa de Deseño para a Innovación da Xunta de Galiciacontinúa o vindeiro 23 de xullo coa análise da relación entre o deseño, a ciencia e a tecnoloxía no novo contexto aberto pola crise do coronavirus.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de innovación (GAIN), dalle así continuidade ao ciclo de encontros en formato virtual iniciado a finais de xuño, no que ofrecen a súa visión de futuro profesionais galegos de referencia en Galicia, no resto de España e a nivel internacional.

Baixo o título “Deseño, ciencia e tecnoloxía”, exploraranse as sinerxías que presentan estes tres eixes da innovación nun escenario marcado pola incertidume e por novos retos e necesidades. Complétase así a reflexión iniciada no primeiro encontro do ciclo, no que se analizou a relación entre deseño, empresa e sociedade.

Os profesionais de recoñecido prestixio que compartirán a súa visión cos participantes son o artista Rubén Ramos Balsa, residente en Singapur e fundador da empresa tecnolóxica Mismos, Noemí Cortizas, afincada en Francia e especializada no deseño de produto, materiais, acabados e cores na compañía Roctool; e Anxo López, experto na función estratéxica do deseño e líder desta división no BBVA.

Detalles

Data:
Xullo 23
Hora:
10:30 AM - 12:00 PM
Custe:
De balde
Páxina web:
http://gain.xunta.gal/eventos/316/encontro%2Bdeseno%2Bciencia%2Btecnoloxia%2Bciclo%2Bera%2Bpos-covid%2Bredesenar%2Bmundo

Protagonista

GAIN
Páxina web:
gain.xunta.es

Recinto

Evento Virtual