Dixitalización de procesos con ferramentas de mobilidade. Infonova

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Dixitalización de procesos con ferramentas de mobilidade. Infonova

Outubro 20 @ 10:00 AM - 10:45 AM

De balde

Coñecer como as aplicacións de mobilidade pódennos axudar no noso día a día obtendo máis información do traballo que se realiza fóra de oficina; fichaxes, seguridade e saúde, localización de operarios e ademais, aumentando a nosa produtividade; como nos axuda unha ferramenta de mobilidade a aumentar a eficacia dos procesos, a produtividade dos teus empregados e a redución dos custos.

PROGRAMA:

  • Beneficios e vantaxes do uso dunha app de dixitalización.
  • Exemplos prácticos: fichaxes de entrada e saída, seguridade e saúde, inspeccións, xeración de informes, calidade, medio ambiente, prevención…
  • Dúbidas

IMPARTE:

Infonova
Consultora tecnolóxica dedicada á implantación de solucións de negocio adaptadas especificamente ás necesidades de cada un dos seus clientes.Poñen a disposición as vantaxes das tecnoloxías da información para que poidan optimizar os seus procesos de negocio e incrementar a produtividade dos seus recursos mediante a implantación de solucións de xestión que impulsen a Transformación Dixital do seu negocio.

A relación estratéxica de Infonova con NGI permítelles achegar solucións aos seus clientes que lles axudan a crecer, a ser máis competitivos e estar mellor preparados para os cambios.

NGI
Desenvolvedor de MovilGmao, é unha empresa fundada en 1985 con experiencia en consultoría, desenvolvemento e implantación de solucións de software e hardware.
Unha filosofía de empresa orientada ao servizo personalizado e a capacidade de adaptación ás necesidades cambiantes do mercado permitiron a NGI evolucionar ao longo do tempo, desde o desenvolvemento de solucións a medida, a distribución de solucións estándar, até o desenvolvemento dunha plataforma para a dixitalización de procesos empresariais.

 

Detalles

Data:
Outubro 20
Hora:
10:00 AM - 10:45 AM
Custe:
De balde
Páxina web:
https://cdtic.xunta.gal/movilgmao

Protagonista

CDTIC
Páxina web:
https://cdtic.xunta.gal/

Recinto

Evento Virtual