Título predeterminado

Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Developer Vago: mastering git (¡no Centro Agora as 19:00!)

enero 24 @ 7:00 PM - 9:00 PM

En Decembro eran moi malas datas, en Xaneiro fallounos o poñente… así que derrapando un pouco, convocamos o primeiro Developer Vago na Coruña.

Developer Vago é un nome importado do grupo de usuarios sevillano e que tivo moito éxito nesa cidade primeiro e no JUG de Vigo despois. A idea é facer unha charla-formación sobre un tema xenérico pero importante, neste caso, control de versións con git.

Será unha sesión onde se explicarán os conceptos claves dende o principio, para ir avanzando a temas máis complexos e boas prácticas.
Haberá slides e tamén programación en vivo. Entre outras cousas veremos:

– Traballar con varios repositorios “remotes”
– Resolver conflitos
– Facer unha Pull Request
– Rebase interactivo (moi importante!)
– Stash

Pois si, as típicas cousas que te poden preguntar nunha entrevista de traballo 😉

¿Tes algún truco máis?. O rematar a sesión, haberá opción de facer charlas cortas (5 min.) para que o podas compartir cos demáis. E por suposto, o Kahoot no que nos xogaremos unha licencia de JetBrains (645€).

¡Atención!

O meetup farase no Centro Ágora, aula 9, as 19:00 o xoves 24 de Xaneiro. O rexistro faise a través da páxina do Meetup. A duración estimada será de 90 minutos,

O rematar, e como marca a tradición, iremos tomar uns refrescos patrocinados por Optare Solutions no bar do lado para charlar un rato, relaxarnos un pouco e coñecernos mellor.

¡Anímate!

Detalles

Fecha:
enero 24
Hora:
7:00 PM - 9:00 PM
Página Web:
https://www.meetup.com/CorunaJUG/events/258092694/

Organizador

CoruñaJUG

Lugar

Centro Ágora
Av. Gramela, 17
A Coruña, es
+ Google Map