Título predeterminado

Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Developer Vago 2: microbenchmarks, a caza dos erros máis habituais

febrero 6 @ 7:30 PM - 9:30 PM

Presentamos a segunda edición de Developer Vago. A idea é repetir a fórmula do anterior, que tivo moi boa acollida: unha formación sobre un tema básico pero importante, neste caso, os microbenchmark. Será unha sesión onde se explicarán os conceptos claves dende o principio, para ir avanzando. Haberá slides e tamén programación en vivo. Non será un meetup avanzado, calquera que teña nocións mínimas de programación pode vir. Para os usuarios máis expertos, tocaremos algúns trucos e solucións os erros típicos para mellorar a eficiencia dos vosos programas.

O rematar a sesión, haberá opción de facer charlas cortas (5 min.), ¡non sexades tímidos/as!. Tamén se poderá plantexar un debate aberto se temos tempo, e, por suposto, o Kahoot no que nos xogaremos algo 😉

O meetup farase no Kaleido Coworking, , as 19:30 o martes 6 de Febreiro. O rexistro faise a través da páxina do Meetup. A duración estimada será de 60-90 minutos de charla máis o que dure o Kahoot e as charlas cortas.

O rematar, e como marca a tradición, iremos tomar uns refrescos o bar do lado para charlar un rato, relaxarnos un pouco e coñecernos mellor.

¡Anímate!

Detalles

Fecha:
febrero 6
Hora:
7:30 PM - 9:30 PM
Página Web:
https://www.meetup.com/es-ES/Vigo-JUG/

Organizador

VigoJUG

Lugar

Kaleido Coworking
García Barbón 27 Interior bajo
Vigo, es
+ Google Map