Título predeterminado

Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

Developer Vago 1: testing e probas unitarias

enero 9 @ 7:30 PM - 9:00 PM

Presentamos a primeira edición de Developer Vago, un nome importado do grupo de usuarios sevillano e que tivo moito éxito nesa cidade. A idea é facer unha formación sobre un tema básico pero importante, neste caso, as probas unitarias. Será unha sesión onde se explicarán os conceptos claves dende o principio, para ir avanzando. Haberá slides e tamén programación en vivo. Non será un meetup avanzado, calquera que teña nocións mínimas de programación pode vir. Para os usuarios máis expertos, tentaremos tocar algunhas librerias e trucos para que tamén os sexa de utilidade. Por exemplo, veremos:
– JUnit 4
– JUnit 5
– Spock Framework

O rematar a sesión, haberá opción de facer charlas cortas (5 min.) sobre algo relacionado co tema se alguén se anima (por favor, ¡fainos moita ilusión!). Tamén se poderá plantexar un debate aberto, e, por suposto, o Kahoot no que nos xogaremos algo 😉

O meetup farase no Kaleido Coworking, , as 19:30 o martes 9 de Xaneiro. O rexistro faise a través da páxina do Meetup. A duración estimada será de 60-90 minutos,

O rematar, e como marca a tradición, iremos tomar uns refrescos o bar do lado para charlar un rato, relaxarnos un pouco e coñecernos mellor.

¡Anímate!

Detalles

Fecha:
enero 9
Hora:
7:30 PM - 9:00 PM
Pagina Web:
https://www.meetup.com/es-ES/Vigo-JUG/

Organizador

VigoJUG

Lugar

Kaleido Coworking
García Barbón 27 Interior bajo
Vigo, es
+ Google Map