Título predeterminado

Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Deseño naval: inspiración para a IV Regata Solar

marzo 4 @ 7:00 PM - 9:00 PM

Por terceiro ano consecutivo, o próximo 4 de marzo, Íñigo Echenique impartirá una xornada formativa sobre deseño naval. O obxectivo é inspirar no deseño das súas embarcacións ós participantes na IV Regata de Embarcacións Solares.

Este ano ademáis, Luis Miranda, Hernán Serrano e Sergio Surís, integrantes do equipo vencedor da categoría Open o ano pasado, falarán sobre os retos que supuxo o deseño da embarcación coa que participaron.

Íñigo falaranos dun dos seus últimos e máis peculiares proxectos: o buque escola TS Royalist, un bergantín de casco de aceiro de 32 metros de eslora.

Este veleiro deseñouse e fabricouse por encargo da Marine Society and Sea Cadets para remplazar ó TS Royalist orixinal de 1971, retirado despois de máis de 40 anos de servizo. O deseño debía asegurar que o novo veleiro fose máis rápido, máis fácil de manexar e cun menor custe de operación e mantemento, cunha vida útil de 30 anos.

Luis, Hernán e Sergio comentarán a súa aventura no deseño e fabricación dunha embarcación solar a partires de ningunha experiencia en cuestións navais. Falarán das probas que fixeron, as decisións que tomaron e, sobre todo, de todo o aprendido da multitude de erros cometidos durante o proceso.

Este evento enfócase no marco de actividades relacionadas coa IV Regata de Embarcacións Solares organizada por Marine Instruments (http://www.marineinstruments.es) e que conta coa colaboración de A Industriosa. Este concurso, que terá lugar o 22 de xuño en Baiona, está dirixido ós colexios, escolas de formación profesional e makers do entorno de Vigo. O propósito é o deseño dunha embarcación eléctrica de radio control propulsada únicamente por enerxía solar. Este ano coma novidade, engadiuse un novo torneo de coches solares.

https://www.youtube.com/watch?v=zLkdvkW-zfY

O poñente será por unha parte Íñigo Echenique, Arquitecto Naval e Enxeñeiro Marítimo pola Universidade Politécnica de Madrid. Íñigo traballou no deseño de embarcacións de todo tipo: veleiros, iates, patrulleiras… Tamén foi o responsable do deseño do primeiro barco español en participar na Copa América no ano 1992.

Por outra parte, Luis Miranda, enxeñeiro de Telecomunicación, Hernán Serrano biólogo de formación e friki da tecnoloxía por vocación e Sergio Surís, enxeñeiro Industrial son os vixentes campións da Categoría Open da Regata Solar e tentarán revalidar nesta edición 2019 o seu título. Luis e Hernán forma parte da directiva de A Industriosa.

Detalles

Fecha:
marzo 4
Hora:
7:00 PM - 9:00 PM
Página Web:
https://www.meetup.com/AIndustriosa/events/259072118/

Organizador

A Industriosa

Lugar

A Industriosa
c/ Barcelona 13
Vigo, es
+ Google Map