Default title

Cargando eventos

« Todos eventos

  • Este evento pasou.

Coruña miniHacks 2020

Marzo 14 @ 11:00 AM - 2:00 PM

De balde

De que vai isto?

Coruña Hacks ten a súa edición mini. Unha serie de 3 eventos para a rapazada de entre 8 e 16 anos, onde formarán equipos e tras unha treboada de ideas aprenderemos a desenvolver un proxecto real. Usaremos Scratch para programar e, ademais, este ano incluiremos unha pequena introdución a electrónica, para poder facer proxectos e xogos cun compoñente físico. Teremos tamén algunha que outra sorpresa, pero terás que vir para sabelas 😉

Que teño que saber?

Se xa utilizaches algunha vez Scratch, daquela seguramente xa o tes controlado, se non, faremos o primeiro día unha pequena introdución ou, aínda mellor, podes acceder á páxina de https://scratch.mit.edu/ e facer os tutoriais na túa casa para chegar a tope ao evento.

Se os equipos así o deciden tamén poden utilizar outras linguaxes ou ferramentas de software ou hardware libre como Python, Arduinos, Raspberry Pi, etc.

As rapazas e rapaces teñen que traer o seu propio ordenador portatil.

Como é a dinámica?

O primeiro día os equipos decidirán a idea na que desexan traballar. O fío conductor será contruír algo que axude a mellorar a súa cidade ou contorna. O resultado final será software e hardware libre que poderán compartir coas compañeiras e compañeiros e co mundo enteiro.

Os equipos formados seguirán dando forma á súa idea durante os 3 sábados de miniHacks (aínda que non é obrigado asistir a todas as sesións podendo colaborar na medida das posibilidades de cadaquén)

Ademáis, teremos premios na gala final para recoñecer a súa orixinalidade e traballo en equipo.

Os 3 eventos de Coruña miniHacks son:

  • Sábado 14 de Marzo de 11:00 a 14:00
  • Sábado 18 de Abril de 11:00 a 14:00
  • Sábado 16 de Maio de 16:00 a 19:00 seguido da gala de presentación e premios

Detalles

Data:
Marzo 14
Hora:
11:00 AM - 2:00 PM
Custe:
De balde
Páxina web:
https://www.eventbrite.es/e/entradas-coruna-minihacks-2020-97993580437

Protagonista

GPUL

Recinto

Centro Ágora
Av. Gramela, 17
A Coruña, es
+ Google Map