Default title

Cargando eventos

« Todos eventos

  • Este evento pasou.

Coruña Hacks – Primeira Sesión

Marzo 14 @ 10:00 AM - 8:00 PM

3 hackathons, premios e un gran ambiente, isto son os CoruñaHacks!

Volve CoruñaHacks, mantendo a intensidade da última edición. Un sábado ao mes xuntarémonos para desenvolver proxectos libres cun obxectivo claro: presentar unha versión funcional ao final do 3º hackathon, aló polo mes de maio.

Buscamos programadoras/es e deseñadores/as que traballarán a contra-reloxo durante estas 3 xornadas nos proxectos. E por suposto, os mellores proxectos terán premio!

– Tedes toda a información en https://corunahacks.gpul.org/
– Únete ao noso Slack que será o centro de comunicación da comunidade: https://bit.ly/39mZftr
– Propón proxectos entrando na canle #coruñahacks dentro do Slack e conta esa idea que che ronda a cabeza dende fai tempo.

Previamente con todas as ideas e proxectos plantexados no Slack faremos unha votación entre todos e todas, para elixir os que realizaremos nos hackathons.

Neste primeiro hackathon teremos unha breve presentación de cada proxecto, faremos equipos e comezaremos a currar en eles, loitando por ser o mellor proxecto dos CoruñaHacks 😉

Coruña miniHacks tamén está de volta. Nesta edición tamén temos en paralelo unha versión para as cativas e cativos da casa. Podes atopar toda a información en https://www.eventbrite.es/e/entradas-coruna-minihacks-2020-97993580437

Detalles

Data:
Marzo 14
Hora:
10:00 AM - 8:00 PM
Páxina web:
https://www.meetup.com/GPUL-Labs/events/269177595/

Protagonista

GPUL

Recinto

Centro Ágora
Av. Gramela, 17
A Coruña, es
+ Google Map