Título predeterminado

Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

Coruña Hacks

mayo 5 @ 10:00 AM - 8:00 PM

Evento Navegación

Tradicionalmente nos hackathons comézanse proxectos xeniais, tremendamente útiles pero rara é a vez que se conseguen continuar despois do evento. Por iso queremos comezar Coruña Hacks, coa idea de crear proxectos reais, que van ter un impacto, que se poidan poñer en producción, que solventen un problema real e por suposto que perduren no tempo para mellorar o mundo de verdade facendo software libre.

O obxectivo é creare un espazo de traballo periódico no que poder quedar para evolucionar os nosos proxectos, como un hackathon recurrente no tempo.

Neste link https://forums.gpul.org/t/proyectos-coruna-hacks/381 podes propoñer novos proxectos e ver os que se comentaron ata o de agora para inspirarte, agardamos as túas ideas.

E recorda, buscamos proxectos que solventen un problema real, que propoñan unha alternativa libre a un software que non existe ou que é mellorable, ou simplemente un proxecto que ti creas que pode ter un impacto real.

PD: Si coñeces a algunha asociación/grupo/biblioteca/ONG/etc que poidan estar interesados en utilizar a túa idea, trata de traelos ao evento tamén, seguro que nos poden aportar moito 😉

PD2: Tamén podes unirte ao noso Slack que estamos a usar para organizar os proxectos incluso fora dos hackathons https://corunadevelopers.slack.com/

Detalles

Fecha:
mayo 5
Hora:
10:00 AM - 8:00 PM
Pagina Web:
https://www.meetup.com/GPUL-Labs/events/249184510/

Organizador

GPUL Labs

Lugar

Centro Ágora
Lugar da Gramela, 17, 15010
A Coruña, es
+ Google Map