Default title

Cargando eventos

« Todos eventos

  • Este evento pasou.

Como xestionar procesos administrativos traballando en remoto, con Docuten

Maio 27 @ 6:00 PM - 7:00 PM

5º webinar do ciclo As tecnoloxías que necesitaremos para sair adiante de Startup Galicia.

Non son poucas as empresas que se viron obrigadas teletraballar nas últimas semanas debido ao carácter excepcional da situación pola que tivemos que vivir. Unha forma sinxela de supervivencia xa que, na maioría dos casos, as organizacións que non teletraballan deben pechar.

Nesta sesión Brais Méndez, CEO de Docuten, vainos explicar como xestionan as empresas que xa traballan en remoto os seus procesos administrativos, especialmente os que teñen que ver con:

– Envío e firma de documentación laboral (acordos de teletraballo, acordos de vacacións, ERTES, …) e mercantil (contratos con provedores e clientes).
– Emisión e recepción de facturas

Docuten é unha empresa tecnolóxica galega, con sedes en A Coruña, Madrid e Londres, que conta cunha plataforma para a transformación dixital dos procesos administrativos dos seus clientes, integrada con ferramentas de xestión, que permite automatizar o envío e a recepción de documentos e facturas.

Conta con clientes de referencia como Desigual, Estrella Galicia, Cabify, Abanca, Grupo Planeta, Grupo Caamaño, Nortempo, Bimba y Lola, Grupo Acebrón, Unidad Editorial, CLUN e outros.

Hai que coller a entrada (de balde) en https://www.eventbrite.es/e/entradas-como-xestionar-procesos-administrativos-traballando-en-remoto-con-docuten-104229605556

Detalles

Data:
Maio 27
Hora:
6:00 PM - 7:00 PM
Páxina web:
https://www.meetup.com/startupgal/events/270419418/

Protagonista

Startup Galicia

Recinto

Online event