
- Este evento ha pasado.
Code Speedrun #0
28/09/2018 @ 3:30 PM - 5:30 PM
Gústanche os retos, a programación e coñecer a xente nova? Vén á primeira edición de Code Speedrun, un evento organizado polo GDG Pontevedra!
Propoñeremos un reto de programación que deberedes resolver individualmente, na linguaxe que máis vos guste. A persoa que antes o resolva recibirá premio! Os organizadores non participaremos, pero faremos o reto ao mesmo tempo que vós.
O evento terá lugar o venres 28 de setembro a partir das 15:30, na primeira planta da Facultade de Belas Artes en Pontevedra (ver apartado de Donde). O reto comezará as 16:00, e a media hora anterior servirá para preparalo.
O enunciado do reto atoparédelo na seguinte ligazón: https://gdgpontevedra.me/code-speedrun/0 Recorda traer o teu portátil!
Esperamos verte por alí!