Cara unha cidadanía dixital máis consciente, crítica e activa

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Cara unha cidadanía dixital máis consciente, crítica e activa

Outubro 27 @ 7:00 PM - 8:30 PM

Nova sesión de Distopías Cotiás, encontros mensuais nos que reflexionar sobre o impacto das tecnoloxías nas nosas vidas.

Nesta ocasión debateremos sobre as posibles accións, individuais e colectivas, que nos permitan camiñar cara unha cidadanía dixital máis consciente, crítica e activa.

Acompañaranos Víctor Sampedro, profesor de Comunicación Política e Opinión Pública, con quen conversaremos arredor das iniciativas de alfabetización tecnolóxica que desenvolve despois de publicar “Dietética digital para adelgazar al Gran Hermano” (Icaria, 2018). O libro liberouse e actualizouse, con recursos (aplicacións, textos, audios, imaxes e vídeos), manuais de iniciativas similares e unha guía didáctica. Todo pode atoparse en https://dieteticadigital.net/

Nos case tres anos de experiencia con esta iniciativa, realizaron máis de 60 eventos (conferencias, talleres, cursos, etc.) nacionais e internacionais (México, Colombia, Holanda, Reino Unido, etc.). Durante o curso[masked] destacan varios programas de formación en cidadanía dixital para profesores de secundaria, un deles celebrado a finais de 2019 no Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI) na Coruña.

Aínda que se celebrará en liña, o formato seguirá a ser o dunha charla breve introdutoria (30′ aprox.) e un posterior espazo de conversa.

A través do enlace que xa compartimos poderedes acceder á conversa e se o desexades, participar enviando as vosas preguntas e reflexións, que compartiremos en directo.

// Enlace directo: https://youtu.be/iO3o9j71B6w

Detalles

Data:
Outubro 27
Hora:
7:00 PM - 8:30 PM
Páxina web:
https://www.meetup.com/Distopias-Cotias/events/274059864/

Protagonista

Distopías Cotías

Recinto

Online event