Default title

Cargando eventos

« Todos os eventos

Blockchain Fundamentals: Encryption and Consensus

Setembro 21 - Setembro 25

De balde
Os vindeiros días 21 a 25 de setembro impartirase o curso online Blockchain Fundamentals: Encryption and Consensus, organizado polo proyecto DLT4All, que pretende desenvolver un programa de formación en tecnoloxías blockchain e DLT, e no que participa a USC.
Os obxectivos deste curso son os seguintes:
 – Presentar a estrutura e contido do curso DLT4All.
 – Proporcionar unha introdución ás tecnoloxías blockchain dende unha perspectiva histórica e un enfoque técnico.
 – Presentar e describir en profundidade os conceptos criptográficos centrais para a tecnoloxía blockchain.
 – Presentar os mecanismos de consenso máis utilizados, salientando por igual os aspectos técnicos e de negocio.
O desenvolvemento deste curso prantéxase como unha experiencia piloto, na procura de achegas dos participantes que permitan adaptar e mellorar os contidos e a metodoloxía do curso tendo en conta as súas necesidades.
O curso desenvolverase de xeito totalmente online en lingua inglesa, dacordo co seguinte programa:
21 de setembro, 9:00-11:30
Introduction to the course and to the DLT World
Soulla Louca & Elias Iosif
(University of Nicosia)
22 de setembro, 9:00-11:30
Encryption Techniques 1
Pablo López
(Blockchain Solutions Architect, INSOMNIA)
23 de setembro, 9:00-11:30
Encryption Techniques 2
Pablo López
(Blockchain Solutions Architect, INSOMNIA)
24 de setembro, 9:00-11:30
Consensus Mechanisms 1
Manuel Fernández Grela
(Universidade de Santiago de Compostela)
25 de setembro, 9:00-11:30
Consensus Mechanisms 2
Manuel Fernández Grela
(Universidade de Santiago de Compostela)
O formulario de inscrición atópase no seguinte enlace:
O número máximo de participantes será de 12 e a participación limitarase por orde de inscrición.
Se desexan obter calquera información sobre o curso e/ou o proxecto DLT4All poden contactarnos nos seguintes enderezos de correo electrónico:

Detalles

Comezo:
Setembro 21
Remate:
Setembro 25
Custe:
De balde
Páxina web:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSecwYVcflAfYq5BWA_YOztVZEHs4Ej9b9NWe_uwX9dre0mxkA/closedform

Protagonista

Proyecto DLT4All
Páxina web:
https://dlt4all.eu

Recinto

Evento Virtual