Título predeterminado

Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

Kubernetes e GIS

febrero 2 @ 6:00 PM - 8:30 PM

Empezamos o ano con ganas e enerxía, abordando algún dos temas que plantexamos na enquisa coa que pechabamos o ano 2017. Desta vez falaremos de Kubernetes e GIS, temas moi de moda últimamente.

– Kubernetes

Ultimamente escoitamos falar moito de Docker e contendores de aplicacións pero, ¿que son realmente?¿Son útiles e empregables en sistemas en producción?

Para falarnos sobre este tema contaremos con Darío Villar, Engineering Team Lead en Situm, que nos vai contar como están trasladando toda a insfraestrutura de backend a Kubernetes, un sistema open source iniciado por Google. Veremos, entre outras cousas, como crear un clúster con Kubernetes, e como desplegar e monitorizar unha aplicación. Un caso real e de primeira man.

– ¡Hai vida máis aló de Google Maps!

De seguro que todos temos usado algunha vez Google Maps, incluso pode que o teñamos inserido nalgunha web que temos feito. É útil, rápido de integrar e, en principio, parece inocuo e gratuito pero, ¿é todo tan bonito como parece?

Nesta charla introduciremos problemas que se nos poden aparecer o usar Maps, presentaremos alternativas con software libre e descubriremos que o mundo da xestión xeográfica vai mais alá de marcar puntos nun mapa.

Francisco Ferreiro leva dende 2008 dando tumbos por consultoras de Santiago, facendo un pouco de todo. Ten tocado moitas tecnoloxías e non sabe de ningunha. Fai cousas con sistemas de información xeográfica dende hai 4 anos, aínda que pareza que bota o día xogando e movendo mapas.

Patrocinadores:

Agradecemos a Bahía Software (http://bahiasoftware.es) o seu apoio e o patrocinio deste evento.

Se queres unirte á lista de patrocinadores, e colaborar con nós, calquer axuda é ben recibida. Escríbenos a xantardev@outlook.com.

Como de costume, ao final do evento compartiremos un tempo de networking para poder falar e coñecer a xente nova nun bar cerca do local de evento. Anímate a participar.

Detalles

Fecha:
febrero 2
Hora:
6:00 PM - 8:30 PM
Pagina Web:
https://www.meetup.com/es-ES/XantarDev

Organizador

XantarDev

Lugar

Centro sociocultural O Castiñeriño
Rúa da Virxe de Fátima, 2, 15702 Santiago de Compostela, A Coruña
Santiago de Compostela, es
+ Google Map