Default title

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Como atopar traballo na época COVID

Setembro 2 @ 6:00 PM - 7:00 PM

De balde

Edelmiro Calvar é un galego que vive en EEUU, concretamente en Michigan. Titulado en recursos humanos pola Universidade de Michigan e mais recentemente cun Global Executive MBA de IE. A súa experiencia laboral centrouse en deseñar procesos a nivel executivo, incluído para o departamento de recursos humanos dunha multinacional para a selección de miles de persoas.

Con esa experiencia, Edel vainos falar de como atopar traballo no eido internacional (e tamén nacional) nesta época marcada polo COVID.

Esta será o índice da charla:

  1. A realidade dos traballos na era COVID-19.
  2. Quen están contratando?
  3. Métodos de búsqueda (a nivel internacional)
  4. Relacións e Identificar a xente apropiada.
  5. Como contactar e relacionarse
  6. O Currículo a proba de ATS e xerentes
  7. A entrevista, que facer e que evitar.
  8. Secretos de recrutadores
  9. Preguntas e Respostas

Detalles

Data:
Setembro 2
Hora:
6:00 PM - 7:00 PM
Custe:
De balde
Páxina web:
https://www.eventbrite.es/e/entradas-como-atopar-traballo-na-epoca-covid-116337591869

Recinto

Evento Virtual