Ciclo de webinars

Dende Startup Galicia estamos organizando un ciclo de webinars con profesionais do ecosistema emprendedor galego. Con este ciclo pretendemos achegar experiencia profesional e coñecemento sobre tecnoloxías e tendencias que poidan axudar ao tecido empresarial galego a afrontar os retos de dixitalización derivados da situación de crise sanitaria á que lles está tocando facer fronte.

Para este ciclo de webinars, Startup Galicia conta coa inestimable colaboración de Miguel Varela (Teimas Desenvolvemento), Noa Orizales (Contidos Dixitais), Paz Cariñena (DooingIT), Víctor Fariña (Queres Tecnologías) e Xoel Vázquez (Xoia software), profesionais do ecosistema emprendedor que explicarán ás persoas asistentes a estes encontros como incorporar a tecnoloxía aos seus negocios e as vantaxes de facelo, en base á súa experiencia profesional.

Recollemos toda a información de cada un dos webinars nesta entrada do noso blog.

De seguido recollemos as ligazóns de inscrición a cada un dos webinars:

Tecnoloxía, Cambio climático e Economía Circular

FalaMiguel Varela, CEO de Teimas Desenvolvemento, Tropa Verde e ZERØ. Descarga a presentación en formato PDF aquí.

Formación online

O que debes saber para lanzar a formación online na túa empresa. Fala Noa Orizales, CEO de Contidos Dixitais.
Descarga a presentación en formato PDF aquí.

Ciberseguridade

Os tres piares básicos da ciberseguridade. Fala Paz Cariñena, socia de dooingIT

Xestión documental

Para que precisan as empresas os sistemas de xestión documental? Fala Víctor Fariña, CEO de Queres Tecnologías. Descarga a presentación en formato PDF aquí.

Xestión de procesos administrativos en remoto

Brais Méndez, CEO de Docuten, explicará como xestionan as empresas que xa traballan en remoto os seus procesos administrativos.

Realidade aumentada e virtual

Cales son as principais aplicacións da Realidade Aumentada e Virtual? intervén Xoel Vázquez, CEO de Xoia Software.
Descarga a presentación en formato PDF aquí.

Para manterte ao día destes e outros eventos organizados pola comunidade emprendedora galega, pásate polo noso Furancho.