Webinars para loitar contra os efectos da COVID19

Corren tempos complicados para as empresas do ecosistema emprendedor galego. A situación deriva do actual estado de alarma levou a moitas delas e ter que deter ou reducir drasticamente a súa actividade. Por esta razón, na primeira semana de confinamento, Startup Galicia fixo un chamamento a toda a comunidade co fin de recoller iniciativas de[…]

Furancho Open Space

Levamos meses argallando para crear un debate entre todo o ecosistema para falar dos retos que teñen por diante as startups e as empresas TIC na nosa terra. Queriamos facelo nun lugar especial, en formato Open Space, pero de xeito presencial non vai poder ser. Pero, iamos quedar coas ganas? Diso nada.  Por que non[…]

4º edición do evento Informática para tod@s

Os vindeiros 28 e 29 de marzo do 2019 vai ter lugar na facultade de informática da Universidade de A Coruña a cuarta edición do evento “Informática para tod@s”. O obxectivo deste evento é promover o papel das mulleres no eido da tecnoloxía, e contará con charlas, sesión de pósters, paneis de discusión e feira de emprego. Está destinado[…]

Hack a Bos – Aprende a programar

Dende Startup Galicia buscamos dar visibilidade ás iniciativas que nacen no seo do ecosistema e que constribúen a que este siga medrando. Con este obxectivo, nesta nova entrada do blogue damos a coñecer “Hack a Bos”, escola galega de programación que persegue achegar á programación a persoas de moi diversos perfís, tanto tecnolóxicos como non[…]

Programas de axuda á internacionalización da Embaixada Británica

  O pasado mes, en Startup Galicia tivemos a oportunidade de conversar persoalmente con Cristina Monteiro, asesora en expansión internacional na Embaixada Británica en España. Durante este encontro, trasladounos que o obxectivo do Departamento de Inversións da Embaixada Británica para o que ela traballa en Madrid é facilitar ás empresas españolas o seu establecemento no[…]

O Furancho, a canle de slack de Startup Galicia

O Furancho, a canle de slack de Startup Galicia Que é? Na anterior entrada no noso blogue indicamos que as accións desenvoltas por Startup Galicia perseguen tres obxectivos: facer medrar o número de persoas emprendedoras en Galicia (+ persoas emprendedoras), crear espazos de conexión entre elas (+conectadas) e mellorar o entorno no que desenvolven os[…]

Netiqueta do Furancho

  Sobre o Furancho Dende Startup Galicia dámosvos a benvida ao noso Furancho. Este Furancho Virtual é o espazo de Slack xestionado pola asociación Startup Galicia, e ten a misión de servir como lugar de encontro, como ágora virtual onde todo o ecosistema emprendedor galego poida encontrarse e comunicarse. Para quen é o Furancho? A[…]

Acode ó 4YFN con Startup Galicia

Startup Galicia pon á disposición da comunidade 100 entradas para ó 4YFN cun 20% de desconto. O 4YFN é un evento internacional de startups que se ven organizando os últimos anos de maneira paralela ó Mobile World Congress e que terá lugar os días 26, 27 e 28 de Febreiro en Barcelona. Durante eses días[…]

Startup Galicia: creando comunidade, construindo ecosistema.

Talento, capital, comunidade, cultura e marco lexislativo. De acordo co “UP Global Whitepaper: Fostering a Startup and Innovation Ecosystem”, estes son os cinco elementos que é preciso conxugar para favorecer o desenvolvemento de novos ecosistemas emprendedores nun territorio. No caso de Galicia e o ecosistema emprendedor galego, a asociación Startup Galicia busca traballar sobre eses[…]