4º edición do evento Informática para tod@s

Os vindeiros 28 e 29 de marzo do 2019 vai ter lugar na facultade de informática da Universidade de A Coruña a cuarta edición do evento “Informática para tod@s”. O obxectivo deste evento é promover o papel das mulleres no eido da tecnoloxía, e contará con charlas, sesión de pósters, paneis de discusión e feira de emprego.

Está destinado a persoas tanto do mundo empresarial como das universidades, estudantes, centros de investigación, etc.

Esta mesma semana abríronse os prazos de proposta de charlas e pósters (as persoas que se despracen desde fóra da Coruña, poderán solicitar unha bolsa para cubrir os gastos de
asistencia). Tamén hai unha categoría de patrocinios, polo que invitamos a calquera empresa a colaborar co evento.

As ligazóns de interese son as seguintes:

As datas límite correspondentes son:

  • Para propostas de charla: 14 de xaneiro.
  • Para propostas de póster: 3 de febreiro.
  • Para patrocinio non temos, pero sempre canto antes, mellor, xa que deles dependerá o número de bolsas que poidamos outorgar e a súa contía, etc.

Toda a información está na web do evento.